Translate

jueves, 11 de julio de 2013

Xustificacion do proxecto sobre abandono escolar ANA Mª y SARA


XUSTIFICACIÓN DO PROXECTO SOBRE ABANDONO ESCOLAR

En referencia á convocatoria do DOG do 8 de Maio de 2013,  este proxecto destinarase a redución  do  abandono temperán dos estudios por parte da mocidade - 16 a 24 anos- do concello da coruña, mediante unha formación integral que promova ó esforzo  de toda a comunidade educativa .

O  abandono escolar prematuro afecta a casi un 30% dos homes xoves en España, casi o doble que a media europea, que se sitúa no14,5%, según datos do Instituto de Estudios Económicos (IEE) a partir dun estudio de Eurostat.

En concreto, os homes xoves españóis acadaron en 2012 unha tasa de abandono escolar dun 28,8%, mentres  que no caso das mulleres a cifra é do 20,8%.

Estas cifras, sen embargo, supoñen unha baixada do índice de abandono escolar no noso país. Según o IEE, esta baixada  é  "fundamentalmente consecuencia da crise económica que vive o país e non obedece a cambios no sistema educativo polo que insta  a "redoblar os esfuerzos” por reducir o  abandono prematuro do sistema educativo.[1]

Este problema da nosa sociedade lévanos  en moitos casos a que os alumnos abandonen os estudios, por iso é importante ofrecerlles un reforzo para que como mínimo cheguen a acadar  a titulación precisa para poder insertarse laboralmente.

Queremos destacar os seguintes aspectos basándonos nos obxectivos da convocatoria:

·        Motivación do alumnado con baixo rendimento coa finalidade de que continúe estudios de bacharelato ou formación profesional de grado medio.

·        Adquisición das competencias básicas no alumnado en risco de abandono escolar.

·         A atención do alumnado en risco de exclusión social.

 

O noso proxecto consta de varios talleres  dirixidos o alumnado de 3º e 4º da ESO e de programas de cualificación profesional inicial (PCPI):

1.     Taller de motivación

2.     Taller de orientación

Para levar a cabo  estas actividades o concello da coruña dispón de :

1.     Locáis municipáis de usos múltiples, dotados das infraestructuras necesarias para o desenvolvemento destas.

2.     Persoal  cualificado para traballar cos diferentes alumnos.

3.     Os Libros, papel, material didáctico… que sexan precisos.

4.     Aula equipada con novas tecnoloxías, como: ordenadores , internet…

Con este proxecto faremos posible a disolución desta pobremática social que é o abandono escolar, que inflúe non só a mocidade senón a toda a poboación.



[1] http://www.elmundo.es/elmundo/2013/05/14/espana/1368529700.html

No hay comentarios:

Publicar un comentario