O noso proxecto, dirixido aos mozos e mozas do concello de A Coruña, non é
só oportuno a nivel social senón que tamén constitúe unha necesidade técnica para
este concello xa que responde á convocatoria de programas de apoio á cultura e o deporte do ano 2013 (BOP N.239). A dia de hoxe entre a
nosa mocidade notase unha menor interese nas manifestacións culturais e de
identidade propia de Galicia así como da recuperación do rico patrimonio que
nos rodea .
Varios estudos[1] mostran
que a baixa implicación da mocidade en asociacións é un feito, só un 19% da
xuventude española pertence a algún tipo de clube, asociación, partido ,
sindicato ou grupo. Con este proxecto
organizado , colectivo, libre e
incluinte, trataremos de fomentar a participación da xuventude e
impulsar a democratización da sociedade.Polo tanto será imprescindible contar
cos recursos materiais e humanos necesarios para levalo a cabo.
A tendencia ao individualismo na
Sociedade da Información lévanos a vivir
nun entorno cada vez menos social e participativo. A través da eficacia e
eficiencia do noso proxecto acadaremos una maior capacidade de relación entre
os mozos e mozas, aumentando así a súa autoestima, motivación e satisfación
persoal. Formaremos a unha xuventude heteroxénea, comprometida e sensibilizada
coa problemática presente, sen esquecer que isto repercutirá na mellora das
condicións tanto da mocidade como das súas familias e, ademais, tamén se
beneficiará a cidadanía do noso concello.
No hay comentarios:
Publicar un comentario